portugaliza

Crónica gráfica da edición do video da cultura preokupa

Crónica gráfica da edición do video da cultura preokupa

non sei cantas horas levamos aqui xa. editando dia e noite, pelexando co cinelerra, co kino, pasando arquivos dunha máquina a outra, mentres de fondo soa os labregos do tempo dos espuniks.
nun par de horas estreamos na casa das atochas!!!
parabéns compas!!!

3º Hack Meeting [GNU/Linux]

Estes Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26
Mañá

* 11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
* 11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
* 12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartindoo ou non con Windows.

Tarde

* 16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
* 19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.

Domingo 27
Mañá

* 11:00hs. - LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
* 12:00hs. - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.

Tarde

* 16:30hs. - Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.

Ven co teu computador!!!!

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.

Add to calendar
Distribuir contido