tecnologia

1ª Feira Imaginária Contemporánea.

Foro de autoxestión
A I Feira Imaginária Contemporánea xorde como evento que reúne diferentes proxectos culturais nun espacio de encontro e desenvolvemento: o Alg-a Lab de Valadares os días do 2 ao 5 de setembro 2010. A Feira proponse como microplataforma de produción/consumo cultural, na que se destaca o carácter independente e contemporáneo da creación.

A Feira ofrece un modelo de autoxestión no que os diferentes asociacións, creadores independentes e interesados en xeral poden desenvolver o seu traballo. É o resultado dun proceso de decisión e inversión cooperativa d@s participantes na procura de solventar as condicións precarias nas que se atopan.

A Feira aspira a crear a conxuntura que xere un salto cualitativo no tecido creativo e cultural dunha zona relativamente determinada: a comunidade galega, ou máis especificamente, en torno ao seu eixo atlántico e/ou o seu imaxinario luso-atlántico.

A súa vez, a Feira plantéxase como espacio de convivencia: entre o tradicional e o contemporáneo, entre a tecnoloxía e a ecoloxía, entre o rural e o metropolitano. Que aspectos de cada un permanecen, subsisten e resisten no outro? De que maneira poden resoar ambos paradigmas e pechar un mesmo circuito? Isto dá lugar ao que chamamos antropoloxía imaxinaria.

A Feira cuestiona porén a forma de producir, usar e consumir cultura. Achega o limite que separa a Teoría do espectáculo, @ creador@ d@ consumidor@, reformulando o sentido d@ usuari@ cultural e a súa potencia xerativa; incidindo na necesidade dunha formación continua para garantir o resultado de todo producto cultural e incluso da cultura como producto.

Creación xestores de contido

Cursos de instalaçom de linux, de ediçom de vídeo digital, vissuais, projectos multidisciplinares...e criaçom de cms (gestores de contido), por suposto, sempre em software livre: wordpress, drupal...Continuará...

Migrando a linux, talher no Vigo Transforma

Transverssaliçando, tentando inocular o virus software livre, o virus copyleft. Do 6 ao 8 julho estaremos como olholivre dando um talher de migraçom a ubuntu ou debian + habituaçom á realizaçom de processos criativos básicos com GIMP, cinelerra, kdenlive, audacity...no Instituto Camoes, dentro da programaçom do electrofestival Vigo Transforma, que nasce como formato este ano.

Para inscreversse ou ter máis info:

http://www.vigotransforma.com/

Material Didáctico para o curso

freeswl

Freeswl é unha nova id=entidade ciborg nacida da necesidade creativa de olholivre, se olholivre é unha rede de creación que experiementa no software libre audiovisual, Freeswl experimenta na creación artística, coa mesma devoción polo FREESoftWareLivre.
As nosas ferramentas son tecnolóxicas pero tamén analóxicas e humanas. A performance é unha das linguaxes que pretendemos explorar, o noso ritmo é o tempo real, o streaming forma parte do soporte, pero tamén pezas tan tradicionais como un lenzo, un pincel ou a danza, observadas por webcam e devolvidas por proxección. A experimentación é o único camiño. Vimos do hacktivismo para explorar no arte, queremos vivir o hackartivismo.

Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA

Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHAGeneratech-2010·nODO VIGO & cORUNHA

gENEARETCgZ ::::::::::: pRESENTA
*o marabilhoso e fascinante mundo de video em GNU/linux!
nesta ediçom: video em tempo real*

* especialmente interesante (todo, mais..) a presencia de caedes, desenvolvedor do programa de vídeo en tempo real Delvj, un software baseado en puredata cunha interface gráfica que permite o emprego de obxectos, efectos, 3D, e moitas outras cuestións sen necesidade de programar, en poucas palabras aproveitarse das marabillas do puredata sen ter que pelexar coa programación

*por outra banda a presencia de Minipimer, unha revolucionaria equipa de telestream que aproveita todos as posibilidades do vídeo en directo para facer a tele por internet máis atrevida.

* por último o espazo Generatech como experiencia tecnolóxica vinculada a todas as problemáticas de xénero, subvertendo os roles e mudando unha realidade cada vez máis desxenerada.

simplemente non podes faltar!

+info

[OVNI ARCHIVES] ovni 2011 chamada á participación

Apreciados amig@s,

Enviámosvos a convocatoria de traballos para o próximo OVNI 2011, que terá lugar do 22 ao 27 de Febreiro de 2011 no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.

Os Arquivos do Observatorio teñen un carácter intencional e temático: facilitar unha Crítica da Cultura Contemporánea, utilizando diversas estratexias: vídeo arte, documental independente, arqueoloxía dos mass media...

A convocatoria é temáticamente aberta dentro dos mencionados campos...incluíndose tamén a recepción de material sen editar, fondos de arquivo e materiais atopados ou recuperados.

OVNI 2011 : http://desorg.org
Data límite: 15 de Setembro de 2010.

Por favor pasar a información a quen creades que lle poida interesar.
Grazas pola vosa colaboración.

Saúde!

::Reflexons em código aberto:: JORNADAS informaçom e redes 2.0


::Reflexons em código aberto::
JORNADAS informaçom e redes 2.0

JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0
JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0

Partamos desde umha realidade hoje em dia tam quotidiana como incontrolável. A poliferaçom de datos na infoesfera (portais contrainformativos, Redes Sociais,...) é hoje um tsunami que está a atravesar a internet, a rede e polo tanto as formas comunicativas de grande parte das sociedades globais. Recapitulemos entom; o nascemento da web activa, do formato web 2.0 abriu umha fenda profunda, umha linha de fuga proposta e feita praxe desde longe do poder, que ajudou ao empoderamento de subjetividades críticas que incidiam num uso cooperativo e livre das tecnologías da comunicaçom e da Rede de redes.
Porem, um inicial uso multitudinario e incontrolável da web 2.0 deu paso também a espaços de captura inicialmente capilar, actualmente masiva, nos que os sistemas hegemónicos (governos, redes mercantis,...) empregarom e empregam a cooperaçom do colectivo como ferramenta para o control e para a geraçom de recursos em chave de privada plusvalía. Ainda assim, o caracter do web 2.0 segue a ponher em crise o governo hegemónico da rede.

Voltando a realidade actual, entendemos que a maré de blogues, portais e espaços contrainformativos e comunicativos conscientes em Redes Socias som , e fundamentalmente, vam ser o elemento central na estrategia comunicativa dum futuro cada vez máis presente. A nossa intuiçom é ja elemento da vida comúm: milhons de individuos empregam quotidianamente os multiplos portais de autopublicaçom e Redes Sociais existentes e muitxs de estes usuarixs, entregam-se a construçom colectiva de novas Redes máis autonomas, rebeldes e tecnológicamente emancipadas da hegemonía do software privativo.

No ámbito concreto das redes sociais Facebook, Twenti, Twitter começam a ter enfronte propostas que desde a sociedade crítica, desde os movimentos sociais, ponhem em marcha diversas experiencias de rede social máis úteis, colectivas, tecnológicamente sostíveis e alternativas (N-1, Crabgrass, ou no caso galego, exemplos como Cabozo, Chuza, Sementeira,..).
Queremos debater entom sobre este fenómeno comunicativo (e polo tanto, político, relacional, afectivo, emotivo), ponher em claro propostas e apostas, lançar preguntas e transitar possiveis soluçons ante a MetaRede que, entre cada um dos nossos terminais, esta-se a componher e recomponher.

Jornada contrainformativa
Venres 5 - 20'30
Ouviremos e analisaremos em comúm o estado actual da contrainfomaçom na infosfera do pais posibilidades e futuro dos espaços telemáticos em chave social. (Vieiros, Galiza livre, Altermundo, Indymedia, Olholivre,...)

Sábado 6 - 18'00
Jornada Redes Sociais, web 2.0
Analisaremos colectivamente o uso das ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas na infosfera crítica galega (Blogaliza, Altermundo, Ergosfera, Universidade Invisíbel, Sementeira, Indymedia, Saramaganta, CCSS, Trebelab, Hacktreu, Causaencantada,...)

* O sábado na manha assembleia aberta Indymedia Galiza (12'00)
* O sábado a noite haverá cea/fim de festa (vegana) 22'00

"O enxame, as regras mudarom"

Centro Social Atreu
T/ Sam José, 2 res-de-chao
A Corunha

Add to calendar
Distribuir contido