...
[OVNI ARCHIVES] ovni 2011 chamada á participación
Apreciados amig@s,
Enviámosvos a convocatoria de traballos para o próximo OVNI 2011, que terá lugar do 22 ao 27 de Febreiro de 2011 no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.
Os Arquivos do Observatorio teñen un carácter intencional e temático: facilitar unha Crítica da Cultura Contemporánea, utilizando diversas estratexias: vídeo arte, documental independente, arqueoloxía dos mass media...
A convocatoria é temáticamente aberta dentro dos mencionados campos...incluíndose tamén a recepción de material sen editar, fondos de arquivo e materiais atopados ou recuperados.
OVNI 2011 : http://desorg.org
Data límite: 15 de Setembro de 2010.
Por favor pasar a información a quen creades que lle poida interesar.
Grazas pola vosa colaboración.
Saúde!
vlc abrir stream 2
vlc abrir stream
Carta aberta ao Parlamento Europeu
Estimados Membros do Parlamento Europeu, queremos expresar nosa máis profunda preocupación sobre o futuro de Internet en Europa en relación ás últimas emendas ao Paquete de Telecomunicacións que se atopa na última fase do proceso de Segunda Lectura. Algunhas emendas daniñas adoptáronse o 31 de marzo na comisión de Consumidores e Industria (IMCO) A maioría desas emendas debilitan ou deixan sen sentido calquera protección consumidoras e consumidores, permiten prácticas en detrimento dos dereitos fundamentais da cidadanía e outorgan poderes amplos e discrecionais ás compañías de telecomunicacións.
As emendas relativas á discriminación do tráfico de Internet permitirán aos provedores de acceso filtrar contidos e aplicacións e dar prioridade a determinados servizos e o bloqueo doutros. As consecuencias serán catastróficas para as liberdades da cidadanía e para a innovacón baseada en Internet. Algúns operadores de negocios en Internet deixarán de ter a seguridade de chegar a todos os que os usuarios de Internet de Europa. Á inversa, cada usuaria ou usuario de Internet verá só a porción da Web á que o seu provedor lle permita acceder
Un acceso aberto e non discriminatorio, que foi sempre a base do crecemento de Internet, está sendo ameazado polas compañías americanas de telecomunicacións, que promoveron algunhas desas emendas. Esas emendas emendas crearán un estado permanente de escaseza de ancho de banda e permitirán ás compañías a priorizar determinados contidos, aplicacións e servizos sobre outros. Desincentivarán tamén os investimentos en Infraestrutura, impedindo a competencia e a innovación. Isto ameazará seriamente a liberdade de expresión. É máis como EU Observer sinalou: (http://euobserver.com/19/27859)
"O Presidente de Estados Unidos, Barack Obama fixo da neutralidade da rede un asunto clave na súa campaña e a principios de Marzo nombrará a Julius Genachowski, un forte defensor da neutralidade na Rede, como o máximo regulador das telecomunicacións do país. As grandes compañías americanas de telecomunicacións entenderon a mensaxe e moveron a súa batalla á outra beira do Atlántico."
As enminedas de AT&T promovéronse, como mínimo, sen ter en conta seu potencial para retardar a innovación en Europa e para poñela en desvantaxe respecto a Estados Unidos. O mercado interior europeu, que está baseado de maneira importante en Internet, non terá mais os beneficios dun Internet aberto e sen discriminacións. Aínda que eses beneficios aínda estarán dispoñibles para todos os demais países fóra de Europa.
Neste momento dunha seria crise económica, o risco é que a separación entre Europa e Estados Unidos sexa criada de forma artificial, relentizando a poboación das infraestruturas de telecomunicacións.
Entendemos que o Parlamento foi correctamente informado, cando non desinformado, sobre os anteriormente mencionados riscos que apareceron máis claramente despois do proceso da primeira leitura.
Xa, o 3 de abril, a maior compañía de móbiles de Alemaña anunciou que están bloqueando Skype, a pesar de que Skype é por un lado unha aplicación clave na comunicación de voz en Internet, ademais de ser coñecida por consumir unha pequena cantidade de ancho de banda. Por tanto é obvio que a decisión non se baseou nunha necesidade real de xestión do tráfico ou de calidade do servizo. Mostra que as políticas de xestión de tráfico e a calidade do servizo poden usarse como escusa para bloquear aplicacións específicas. Tamén demostra que deixar depender na competencia entre as compañías de telecomunicacións a neutralidade da rede é un mecanismo burdo e pon de relevo a necesidade de que a Directiva de Servizo Universal garanta á cidadanía, negocios e operadores de Internet, acceso sen límites aos servizos, aplicacións e protocolos en Internet.
Por iso pedímoslles que consideren o asunto coidadosamente, xa que o futuro de todo Internet en Europa e, polo tanto, dun elemento clave do futuro social e a prosperidade económica de Europa, están en xogo neste momento.
Convidámolos a examinar as seguintes análises independentes relativas aos artigos enmendados das Directivas de Servizo Universal, Directiva Marco e de Autorización de Monica Horten, doutorando en Política de Comunicación Europea da University of Westminster, Communication and Media Research Institute.
http://www.iptegrity.com/index.php?option=com_content&task=view&id=302&I...
http://www.iptegrity.com/index.php?option=com_content&task=view&id=304&I...
Esperamos que defendan os dereitos fundamentais da cidadanía e a futura prosperidade económica do mercado do proxecto europeu que está construído ao redor de liberdades fundamentais en Internet.
Na nosa coalicion contamos con expertos en áreas relevantes respecto a Internet e aos dereitos da cidadanía, incluido filtrados, tecnoloxías de rede, xestión de dereitos dixitais, privacidade e protección de datos, política lexislativa, dereito, medios e software.
Pedímoslles que consideren emendas baseadas nos principios Noruegos, (http://www.npt.no/ikbViewer/Content/109604/Guidelines%20for%20network%20...) que apoien a emenda 138 e o art. 32 a da Directiva de Servizo Universal e que eliminen calquera referencia a emendas que propón calquera forma de limitación.
Atentamente.
Urxente! Internet NON se toca!
Nestas semanas decídese a privatización de Internet.
O 5 de maio o parlamento europeo vota un paquete de medidas que influirá nas lexislacións de todos os estados.
Para protexer os intereses das multinacionais da comunicación e do entretemento, o parlamento europeo podería regalar os nosos dereitos de acceso a unha Rede aberta.
Estes dias estase lanzado simultaneamente desde organizacións de toda a Comunidade Europea unha campaña cidadá para impedir a privatización de Internet e para defender os dereito democráticos de acceso á información.
¡Non deixes que o Parlamento da U.E. privatice Internet! ¡Non haberá volta atrás!
Le a Carta Aberta ao Parlamento Europeo que explica a dramática situación actual. Escribe aos europarlamentarios para expresar a túa indignación e a gravidade da situación que crearon os lobbies do copyright. Segue as noticias máis importantes en Black Out Europe
PARTICIPA!!
FESTIVAL FEMELEK 09´- la DONA i la ELECTRONICA - 6 de MARÇ - Convent de Sant Agustí
Estes dias vaise celebrar en Barcelona o FEMELEK, un festival de música electrónica producida por mulleres, estase a converter en toda unha referencia no panorama electrónico non só en barcelona, se non no estado.
O FEMELEK realizarase o día 6 de Marzo no Convent de Sant Agusti a partir das 20h e con entrada libre.

O parlamento español contra a pirateria, e agora qué?
Estes dias chegoume unha nova sobre a proposta de lei do partido socialista en contra da pirateria, o que se está a propor e a regulación e ordenación dos contidos da rede, e por outra banda controlar o software de visualización para que incorporar a retribución na industria cultural,
segundo os sociatas a difusión da cultura de xeito gratuíto e pernicioso para a industria cultural, certo é, máis que pasa coa cultura? debe estar suxeita a os parámetros económicos? debemos agardar a que un "produto" de beneficios para que o podamos coñecer? neste sentido as cidadanas somos clientes ou cabe a posibilidade de que o aceso á cultura sexa un dereito. Que teñen que ver os editores cos autores? a parte de que os primeiros tentarán sangrar por todos os medios aos segundos. Non será que a especulación nas artes, na cultura, do mesmo xeito que foi na vivenda, segue a ser o perigo na produción cultural.
Gala dos Oxcars
Este ano, na Sala Apolo- Barna, 28 de outubro ás 20,30 h terá lugar a gala dos Oxcars, artellado polo colectivo de activistas pola cultura libre ExGAE
Durante sete horas haberá actuacións, premios,... na que creación en código aberto e a cultura compartida serán as principais protagonistas. Xogando coa posta en escea dos grandes eventos do mercado do arte e a cultura, este acto plantéxase coma unha deconstrucción deste xeito de creación excluinte, pobre ou nulo nos contidos e absolutamente elitista, onde unha minoría produce e a maioría consume de xeito pasivo. É un xeito tamén de dar a coñecer, e polo tanto promocionar a todas aquelas persoas e colectivos que están a desenrolar a sua creatividade de xeito aberto e cooperativo, na procura de que cada vez máis persoas e espazos abandonen o consumo privativo de producción cultural e aposten pola cultura livre.
Máis info en: http://exgae.net/
Novo proxecto de Olholivre
Entre os días 04 e 12 de outubro comezou a grabación do último proxecto colectivo de Olholivre, coa ría de Vigo e os movementos de resistencia que nela habitan como principais protagonistas.

Guión, cámara e son, posta en escea, entrevistas,... desenroladas de xeito colectivo na procura dunha historia de persoas e a terra que habitan, de dignidade e desobediencia. Dous colectivos (A Ría nom se vende e Olholivre) cun obxetivo común: a creación de novas formas de expresión e rebeldía.
HM2008: HackInvisible
O hackmeeting é un encontro libre e auto-xestionado en torno ás novas tecnoloxías, as súas implicacións sociais, a libre circulación de saberes e técnicas, a privacidade, a creación colectiva, o conflito telemático e moito máis.

Este ano celebrarase na Casa Invisible de Málaga, os dias 17, 18 e 19 de Outubro.
A entrada é libre. Calquera pode ir, participar, propor un nodo ou axudar en mil tarefas para facer do hackmeeting un encontro potente e de todas.
+ info : http://sindominio.net/hackmeeting/index.php/Portada
inscrición: http://sindominio.net/hackmeeting/index.php/2008/asistencia
call4nodes (até o dia 10): http://sindominio.net/hackmeeting/index.php/2008/Call4Nodes/Ga
