corunha

Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA

Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHAGeneratech-2010·nODO VIGO & cORUNHA

gENEARETCgZ ::::::::::: pRESENTA
*o marabilhoso e fascinante mundo de video em GNU/linux!
nesta ediçom: video em tempo real*

* especialmente interesante (todo, mais..) a presencia de caedes, desenvolvedor do programa de vídeo en tempo real Delvj, un software baseado en puredata cunha interface gráfica que permite o emprego de obxectos, efectos, 3D, e moitas outras cuestións sen necesidade de programar, en poucas palabras aproveitarse das marabillas do puredata sen ter que pelexar coa programación

*por outra banda a presencia de Minipimer, unha revolucionaria equipa de telestream que aproveita todos as posibilidades do vídeo en directo para facer a tele por internet máis atrevida.

* por último o espazo Generatech como experiencia tecnolóxica vinculada a todas as problemáticas de xénero, subvertendo os roles e mudando unha realidade cada vez máis desxenerada.

simplemente non podes faltar!

+info

::Reflexons em código aberto:: JORNADAS informaçom e redes 2.0


::Reflexons em código aberto::
JORNADAS informaçom e redes 2.0

JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0
JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0

Partamos desde umha realidade hoje em dia tam quotidiana como incontrolável. A poliferaçom de datos na infoesfera (portais contrainformativos, Redes Sociais,...) é hoje um tsunami que está a atravesar a internet, a rede e polo tanto as formas comunicativas de grande parte das sociedades globais. Recapitulemos entom; o nascemento da web activa, do formato web 2.0 abriu umha fenda profunda, umha linha de fuga proposta e feita praxe desde longe do poder, que ajudou ao empoderamento de subjetividades críticas que incidiam num uso cooperativo e livre das tecnologías da comunicaçom e da Rede de redes.
Porem, um inicial uso multitudinario e incontrolável da web 2.0 deu paso também a espaços de captura inicialmente capilar, actualmente masiva, nos que os sistemas hegemónicos (governos, redes mercantis,...) empregarom e empregam a cooperaçom do colectivo como ferramenta para o control e para a geraçom de recursos em chave de privada plusvalía. Ainda assim, o caracter do web 2.0 segue a ponher em crise o governo hegemónico da rede.

Voltando a realidade actual, entendemos que a maré de blogues, portais e espaços contrainformativos e comunicativos conscientes em Redes Socias som , e fundamentalmente, vam ser o elemento central na estrategia comunicativa dum futuro cada vez máis presente. A nossa intuiçom é ja elemento da vida comúm: milhons de individuos empregam quotidianamente os multiplos portais de autopublicaçom e Redes Sociais existentes e muitxs de estes usuarixs, entregam-se a construçom colectiva de novas Redes máis autonomas, rebeldes e tecnológicamente emancipadas da hegemonía do software privativo.

No ámbito concreto das redes sociais Facebook, Twenti, Twitter começam a ter enfronte propostas que desde a sociedade crítica, desde os movimentos sociais, ponhem em marcha diversas experiencias de rede social máis úteis, colectivas, tecnológicamente sostíveis e alternativas (N-1, Crabgrass, ou no caso galego, exemplos como Cabozo, Chuza, Sementeira,..).
Queremos debater entom sobre este fenómeno comunicativo (e polo tanto, político, relacional, afectivo, emotivo), ponher em claro propostas e apostas, lançar preguntas e transitar possiveis soluçons ante a MetaRede que, entre cada um dos nossos terminais, esta-se a componher e recomponher.

Jornada contrainformativa
Venres 5 - 20'30
Ouviremos e analisaremos em comúm o estado actual da contrainfomaçom na infosfera do pais posibilidades e futuro dos espaços telemáticos em chave social. (Vieiros, Galiza livre, Altermundo, Indymedia, Olholivre,...)

Sábado 6 - 18'00
Jornada Redes Sociais, web 2.0
Analisaremos colectivamente o uso das ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas na infosfera crítica galega (Blogaliza, Altermundo, Ergosfera, Universidade Invisíbel, Sementeira, Indymedia, Saramaganta, CCSS, Trebelab, Hacktreu, Causaencantada,...)

* O sábado na manha assembleia aberta Indymedia Galiza (12'00)
* O sábado a noite haverá cea/fim de festa (vegana) 22'00

"O enxame, as regras mudarom"

Centro Social Atreu
T/ Sam José, 2 res-de-chao
A Corunha

palestra/debate sobre licenzas libres no CSAtreu, venres 20 nov, ás 20:30

licenzas libres e copyleft
licenzas libres e copyleft

Xa sabes todo o que deberías saber sobre:
cultura libre? dereitos de autor/a? propiedade intelectual? a lei? o
código penal? as licenzas libres? gpl? creative commons? creacións
dixital? ata onde poder chegar a SGAE legalmente?? que cultura libre hai
á nosa disposición? como protexer unha obra empregando licenzas libres?
como gañar cartos coa cultura libre??

Se fas algún traballo creativo, se tes un local onde pos música, se fas
música e queres distribuíla, se tes algún tipo de dúbida nese senso,
esta é a oportunidade de resolvelas,
vamos a por todas!!!
a cultura libre é o camiño!
non faltes o venres 20 de novembro ás 20:30 no centro Social Atreu

Temos dous poñentes de luxo, dous especialistas que cubriran todo o
campo teórico desde as licenzas ao código penal, da propiedade
intelectual ao copyleft, dos dereitos ao software libre, das gpl as
creative commons, todo, todo e todo

Roberto Brenlla e Luis Rodriguez no Centro Social Atreu.

Cultura libre: porque a cultura deféndese compartíndoa.

Comeza Generatech 2009 - nodo Corunha no CS Atreu!

generetech 01generetech 01

Acendemos motores, chegan as tekkiequeers de gENERAtECH a experimentar coas tecnoloxias libres en corpos liberados, coas políticas desxeneradas, a vivir mil e un stream de conexiones feministas. Se queres participar achegate ao Centro Social Atreu coa tua máquina, imos facer exorcismo, instalaremos gnu-Linux e nos preparaemos para afundirnos nas redes.
Primeira semana:

Vernes 6 Nov.
19:30 Apresentación do proxecto. Análise das Plataformas audiovisuais.
20:30 Dinámica: grupos de discusión sobre deseño, propostas da
plataforma e eventos formativos generaTech.

Sábado 7 Nov.
16:00 stream conectado co encontro de meios libres cataláns e conexión
para apresentar brevemente o proxecto desde Galiza.
16:30 Intro Linux e Install party.
21:00 Magosto para todxs!!

Centro Social Atreu
t/San Xosé, 2-bx, Monte Alto
A Corunha

Xornadas: Cultura libre para unha sociedade libre


Do 10 ao 21, duas semanas de actividades no enclave CASA DAS ATOCHAS/CSA Atreu!.
Non o perdas!!

::.::.::Cultura libre para unha sociedade libre::.::.::

No CSA ATREU! Travessa Sam José, 2 - As Atochas-Montealto


Martes 10 -20:00 > 22:00 Iniciación a GNU/Linux. Primeira parte do obradoiro de inciación ao sistema GNU/Linux, instalación de Ubuntu. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Mércores 11 -20:00 > 22:00 Permanecer en GNU/Linux. Segunda parte do obradoiro de inciación ao sistema GNU/Linux,nocións básicas para manexar o sistema. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Xoves 12 - 21:00 Blogaliza, a información alternativa Palestra ofrecida por Pedro Silva, creador de blogaliza.org, portal de blogues en galego.

Luns 16 - 19:00 > 22:00 Programación web. Inciación ás linguaxes Html e Css, obradoiro a cargo de Trebelab (A Cova dos ratos, Vigo)

Martes 17 - 19:00 >21:00 Deseño con ferramentas libres: Inkscape. Primeira parte do obradoiro, manexo do programa de deseño vectorial
inkscape, exercicio práctico contrapublicitario. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Mércores 18 - 19:00 > 21:00 Deseño con ferramentas libres: Gimp. Segunda parte do obradoiro, manexo do programa de retoque fotográfico Gimp, exercicio práctico contrapublicitario II. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Sábado 21 - 12:00 > 14:00 - 16:00 > 20:00   Obradoiro de Cinelerra. Software libre de edición e posprodución de video, introdución teórica
máis módulo práctico. Desenvolvido por Olholivre.


Na Casa das Atochas Atocha Alta, 14 - As Atochas-Montealto



Venres 13 - 21:00 Virtual WWWorlds. Servidumes e liberacións na era dixital.  Palestra ofrecida por Rosendo González. Revista Transversal

Sábado 14 -  12:00 > 14:00 - 16:00 > 19:00 Montando unha radio libre. Obradoiro práctico para a montaxe dunha radio libre, a cargo da Radio Kalimera
(Compostela)

19:00 > 22:00 Contrapublicidade. unha aproximación  teórica, proxección de material contrapublicitario, a cargo de Semsumistas (Vigo)

Martes 17 - 21:00 Software libre para unha sociedade libre Palestra a cargo de Roberto Brenlla, integrante de AGNIX (asociación sen fins de lucro que promove o Software libre)

Mércores 18 - 21:00 Presentación do proxecto editorial Estaleiro Organización editorial galega, autoxestionada, asemblearia e sen ánimo de lucro. Edita baixo licenza Creative Commons.

Xoves 19 - 21:00 Presentación do Cineclube Compostela

Venres 20 - 20:00 Presentación do komando-antisgae   Comando Anti-SGAE / Acción: cultura libre (Galiza)

21:00 A información que Sgae omite e censura   Palestra a cargo de Ana Mª, integrante da Asesoria eXgae

Sábado 21 - 20:30 Presentación de GzVideos
201:00  Presentación de Olholivre :: estreas + festa despedida ::


Sesións de Djs + ceador vegano
::venres 13> dj hash&carlitos selector  :: sábado 14> dj LS_O ::
:: venres 20> dj Fake  :: sábado 21> BreakThatBeat DubstepSpecial  ::
"Cozinha Quente" MC 

Add to calendar
Distribuir contido