vigo
Feira Imaginária 050910
Día de amaneçer confusso, com o inconsciente removido e compostado, fertiliçando a generaçom das conclussons processuais dumha rede distribuída de desejos e cerebros...Navegantes da Feira Imaginária, entre o éter e a pedra, construíndo o espaço físico alg-a lab junto a umha rede que já constrúe culturalivre, em software livre e que quere producir autoemprego, criaçom experimental innovando numha clave política e democratiçadora.
Ontem pola amanhá: apresentaçom do texto Modernidade Porno de Rosendo (Universidade Invísibel) + tarde apresentaçom do mural Ergosfera (análise da realidade laboral e da investigaçom em arquitectura) + talher de Sinergia-cooperativa + debate/reflexom... noite de concertos, de akelarre sound-system, de talher de performance, vjing...Producçom e convivencia germolando novos horizontes culturais. Lúa solar vermelha, inchallá??
pd: como sim logramos deixar instalada auga e electricidade, mais nom internete (problemas com a rede do centro vecinhal que redireccionavamos com a nossa antena para montar o nodo güifi.net), documentamos em vídeo a feira e subiremos (já há algúm vídeo) imagens estáticas e em movemento ao mediabase de giss.tv.
Para acceder pega esta URL no teu browser: http://giss.tv:8000/feiraimaxinaria.ogg. Ao longo desta semana estará accesível o dossier de prensa, junto a um vídeo-resumo do acontecido. Liberemos código!!!!
Feira Imaxinaria - 040910
Hace un dia estupendo aqui en Valadares (vigo) , sol, cielo azul, sabado .... no tenemos internet en alg-a todavia- el puente wi-fi con el centro civico cercano no ha funcionado - asi k estoy (fisicamente - ps) en el centro civico ahora mismo subiendo cosas. En Alg-a ahora estan reunidos los collectivos Alg-a, Universidade Invisíbel, Olholivre e Ergosfera, ademas de mas gente. hablando de como hacer sostenible sus iniciativas, elegiendo una formula juridica etc. - Ayer hubo conciertos y charlas, el jueves un taller de fabricación de instrumentos. Hoy haremos un performance Esquizo-Tarot sobre las 21h30 (despues del paseo sonoro) al mismo tiempo que conciertos de Carlos (venezuela voodooist), Nacho (galizia viaje), O Italiano (ambiental) ..no veo como poner fotos aqui asi que aqui puedes ver algunos del espacio y entorno : http://root.ps/download/fi2010 (son grandes) ...
1ª Feira Imaginária Contemporánea.
Foro de autoxestión
A I Feira Imaginária Contemporánea xorde como evento que reúne diferentes proxectos culturais nun espacio de encontro e desenvolvemento: o Alg-a Lab de Valadares os días do 2 ao 5 de setembro 2010. A Feira proponse como microplataforma de produción/consumo cultural, na que se destaca o carácter independente e contemporáneo da creación.
A Feira ofrece un modelo de autoxestión no que os diferentes asociacións, creadores independentes e interesados en xeral poden desenvolver o seu traballo. É o resultado dun proceso de decisión e inversión cooperativa d@s participantes na procura de solventar as condicións precarias nas que se atopan.
A Feira aspira a crear a conxuntura que xere un salto cualitativo no tecido creativo e cultural dunha zona relativamente determinada: a comunidade galega, ou máis especificamente, en torno ao seu eixo atlántico e/ou o seu imaxinario luso-atlántico.
A súa vez, a Feira plantéxase como espacio de convivencia: entre o tradicional e o contemporáneo, entre a tecnoloxía e a ecoloxía, entre o rural e o metropolitano. Que aspectos de cada un permanecen, subsisten e resisten no outro? De que maneira poden resoar ambos paradigmas e pechar un mesmo circuito? Isto dá lugar ao que chamamos antropoloxía imaxinaria.
A Feira cuestiona porén a forma de producir, usar e consumir cultura. Achega o limite que separa a Teoría do espectáculo, @ creador@ d@ consumidor@, reformulando o sentido d@ usuari@ cultural e a súa potencia xerativa; incidindo na necesidade dunha formación continua para garantir o resultado de todo producto cultural e incluso da cultura como producto.
Migrando a linux, talher no Vigo Transforma

Transverssaliçando, tentando inocular o virus software livre, o virus copyleft. Do 6 ao 8 julho estaremos como olholivre dando um talher de migraçom a ubuntu ou debian + habituaçom á realizaçom de processos criativos básicos com GIMP, cinelerra, kdenlive, audacity...no Instituto Camoes, dentro da programaçom do electrofestival Vigo Transforma, que nasce como formato este ano.
Para inscreversse ou ter máis info:
Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA
Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA
gENEARETCgZ ::::::::::: pRESENTA
*o marabilhoso e fascinante mundo de video em GNU/linux!
nesta ediçom: video em tempo real*
* especialmente interesante (todo, mais..) a presencia de caedes, desenvolvedor do programa de vídeo en tempo real Delvj, un software baseado en puredata cunha interface gráfica que permite o emprego de obxectos, efectos, 3D, e moitas outras cuestións sen necesidade de programar, en poucas palabras aproveitarse das marabillas do puredata sen ter que pelexar coa programación
*por outra banda a presencia de Minipimer, unha revolucionaria equipa de telestream que aproveita todos as posibilidades do vídeo en directo para facer a tele por internet máis atrevida.
* por último o espazo Generatech como experiencia tecnolóxica vinculada a todas as problemáticas de xénero, subvertendo os roles e mudando unha realidade cada vez máis desxenerada.
simplemente non podes faltar!
olholivre no r10 do alg-alab

Aquí tendes o programa compreto do r10, evento organiçado polo colectivo alg-a, no que olholivre aportará o seu graninho o día 10. Obrigadas polo convite!
pROGRAMa.:
Día 10 de Xaneiro: a partires das 19.00h
Happening: Teddy (Fr) + Juan Pi (Gz)
Proxeccións: Félix P. Hita (Bcn) + Olholivre (Gz)
Performance: Paulina Funes (Arx)
Teatro-movemento: Man Hauser (Gz)
Concerto: Angel Faraldo (Es) + ZLB (Pt) + Timitiminono (Pt)
Día 16 de Xaneiro: a partires das 18.00h
Performance: Berio Molina (Gz)
Concerto: Nenoescuro (Gz)
Poesía: María Lado (Gz)
Concerto: Spectral Surgery (Lanzarote/Madrid/A Corunha)
Concerto: Guru Mamut (GZ)
Pagana Verbena: DJ Carina Posse (Alemanha) + VJ Mig (Gz)
dATOs.:
Data: 10 + 16 de Xaneiro 2010
Hora: a partires das 18.00
Entrada: De balde
Espazo : Alg-a Lab (Valadares-Vigo)
Cómo chegar: eiquí
Comida e bebida no Bar Situacionista “A Casa de Bruxa” (prezos populares)
+ info: http://www.alg-a.org
II xornadas pola cultura livre
Por segundo ano consecutivo se convocan as “Xornadas pola Cultura Libre” coa intención de seguir desenvolvendo tecido. Afrontámolas con moita ilusión e se cabe máis compromiso e ambición cada dia que pasamos artellándoas. Cada dia creemos mais nelas por que estamos convencidas de que estamos no camiño correcto.
Carta para o xoves 24 e venres 25 de setembro

http://culturalivre.arkipelagos.net/
Arrincam em Vigo as jornadas de cultura livre!

Diversas pessoas de Xogo Descuberto, Olholivre e Trebelab junto a outras individualidades reunímo-nos para dar-lhe forma a umhas jornadas de cultura livre em Vigo. Umha moreia de actividades entre juntanças, encontros, actuaçoms, exposiçoms, palestras, talheres, concertos e moito máis, nas que participarám diferentes colectivos, grupos a fim de consolidar umha escena cultural realmente livre na galiza.
Esta fimde apresentamos, pero isto é únicamente o começo. A próxima semana contaremos com Estaleiro Editora, a projecçom inédita de Oceanía, (licenciada em cc-by-nc-sa e com subtítulos inéditos em galego), concerto de hip-hop...Onde, quando??Agardem até o próximo capítulo :-)
Jornadas Anti-SGAE em Vigo
A conta atrás rematou!!Tras a intermitente retransmissom em directo da gala dos Oxcars
derom começo as jornadas anti-SGAE organiçadas por Xogo Descuberto. Olholivre estará alí
compartilhando experiencias, projectos, conheçemento, dúvidas e ilussom numha
palestra/debate este venres às 20:30 horas no CSA A Cova dos Ratos. Animádes-vos?? ;-)
PREME PARA VER A PROGRAMAÇOM COMPRETA.

Novo proxecto de Olholivre
Entre os días 04 e 12 de outubro comezou a grabación do último proxecto colectivo de Olholivre, coa ría de Vigo e os movementos de resistencia que nela habitan como principais protagonistas
Guión, cámara e son, posta en escea, entrevistas,... desenroladas de xeito colectivo na procura dunha historia de persoas e a terra que habitan, de dignidade e desobediencia. Dous colectivos (A Ría nom se vende e Olholivre) cun obxetivo común: a creación de novas formas de expresión e rebeldía
