galiza
Língua e serviços em mao comum

Língua e serviços em mao comum
O Festival da Poesia pretende cada ano unir festa e reivindicaçom, escolhendo sempre um lema que centre as inquedanças do colectivo. 'Língua e serviços em mao comum' centra nos ataques à língua e no retrocesso dos serviços públicos umha preocupaçom general polo incremento contínuo das agressons contra todo o que suponha património popular, contra todo o público e galego.
Desestruturaçom da sanidade pública, relegaçom do ensino público frente ao potenciamento do privado, gestom privada dos recursos naturais, falta de direitos lingüísticos, ausência de serviços de transporte colectivo, comunicaçons nas mans das empresas... som diferentes peças de um quebra-cabeças em que se ilustra a acumulaçom de poder por sectores cada vez mais reduzidos e a infámia da homogeneizaçom cultural.
Escolhe-se a língua polo contexto em que se encontra (perda de falantes, diminuiçom de espaços para o seu uso, aumento de prejuízos lingüísticos e difusom interessada dos mesmos, discriminaçom em todos os níveis do ensino), mas também para dar resposta à penúltima ideia desenvolvida polos sectores mais recalcitrantes do espanholismo: a falácia da imposiçom.
A reivindicaçom duns serviços públicos, universais, gratuitos e de qualidade centram a outra parte da legenda. Ensino, saúde, transportes, água, luz, gás... vam-se ou fôrom-se desmantelando e deixando nas maos das empresas, a diferentes ritmos, mas com o mesmo objectivo: que o povo tenha que pagar polo que é do povo.
Todos estes aspectos vam estar presentes durante o Festival da Poesia; em forma de debates, de intervençons públicas, nos poemas, nas cançons.
Migrando a linux, talher no Vigo Transforma

Transverssaliçando, tentando inocular o virus software livre, o virus copyleft. Do 6 ao 8 julho estaremos como olholivre dando um talher de migraçom a ubuntu ou debian + habituaçom á realizaçom de processos criativos básicos com GIMP, cinelerra, kdenlive, audacity...no Instituto Camoes, dentro da programaçom do electrofestival Vigo Transforma, que nasce como formato este ano.
Para inscreversse ou ter máis info:
freeswl
Freeswl é unha nova id=entidade ciborg nacida da necesidade creativa de olholivre, se olholivre é unha rede de creación que experiementa no software libre audiovisual, Freeswl experimenta na creación artística, coa mesma devoción polo FREESoftWareLivre.
As nosas ferramentas son tecnolóxicas pero tamén analóxicas e humanas. A performance é unha das linguaxes que pretendemos explorar, o noso ritmo é o tempo real, o streaming forma parte do soporte, pero tamén pezas tan tradicionais como un lenzo, un pincel ou a danza, observadas por webcam e devolvidas por proxección. A experimentación é o único camiño. Vimos do hacktivismo para explorar no arte, queremos vivir o hackartivismo.
SGAE e internet: as súas ofenssivas, as nossas alternativas

Hoje, 8 de abril ás 20:00 h na Gentalha do Pichel em Compostela olholivre estará numha mesa redonda sobre SGAE, internet e as nossas alernativas em clave de cultura livre, direito á liverdade de expressom, á privacidade etc etc
I Jornadas Galegas da Ediçom Independente
Estaleiro Editora e Corsárias organizam as I Jornadas Galegas da Ediçom Independente.
As apresentações, palestras e debates realizarám-se na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela entre 2 e 5 de Março. Cada jornada constará de duas sessões diárias, a primeira às 17h00 e a segunda às 19h00 da tarde. As I Jornadas Galegas da Ediçom Independente finalizarám com umha festa cheia de música, teatro e sorteios que se celebrará na sexta-feira dia 5 de Março, às 22h30, no Bar As Duas.
olholivre no r10 do alg-alab

Aquí tendes o programa compreto do r10, evento organiçado polo colectivo alg-a, no que olholivre aportará o seu graninho o día 10. Obrigadas polo convite!
pROGRAMa.:
Día 10 de Xaneiro: a partires das 19.00h
Happening: Teddy (Fr) + Juan Pi (Gz)
Proxeccións: Félix P. Hita (Bcn) + Olholivre (Gz)
Performance: Paulina Funes (Arx)
Teatro-movemento: Man Hauser (Gz)
Concerto: Angel Faraldo (Es) + ZLB (Pt) + Timitiminono (Pt)
Día 16 de Xaneiro: a partires das 18.00h
Performance: Berio Molina (Gz)
Concerto: Nenoescuro (Gz)
Poesía: María Lado (Gz)
Concerto: Spectral Surgery (Lanzarote/Madrid/A Corunha)
Concerto: Guru Mamut (GZ)
Pagana Verbena: DJ Carina Posse (Alemanha) + VJ Mig (Gz)
dATOs.:
Data: 10 + 16 de Xaneiro 2010
Hora: a partires das 18.00
Entrada: De balde
Espazo : Alg-a Lab (Valadares-Vigo)
Cómo chegar: eiquí
Comida e bebida no Bar Situacionista “A Casa de Bruxa” (prezos populares)
+ info: http://www.alg-a.org
Coproducçom Olholivre-RNSV
O número 00027 resultou o premiado com a mountain-bike que Olholivre e a RNSV sorteamos no Vigotroca do passado sábado.Os cartos acadados com estas rifas financiarám o documental que Olholivre tem em processo...e no que estamos a começar a postproducçom :-)
En marcha Gzvideos, contrainformación audiovisual
Gzvideos é o espazo de encontro das iniciativas audiovisuais de comunicación e creación alternativas centradas na realidade e problemáticas sociais da Galiza. Pretende constituir unha comunidade de creación audiovisual alternativa onde conflúan as aportacións creativas d@s video-activistas e video-creadoras galegas.

Gzvideos parte dunha iniciativa colectiva independente e non comercial, respostando á necesidade de criar unha ferramenta de contrainformación audiovisual desde e para os movimentos sociais galegos, así como para dar cabida á creación independente, fóra da lóxica da cultura como mercadoría.
Porque na medida das nosas posibilidades, e desde a humildade de quen comeza a camiñar, queremos que o dereito á información, á comunicación e á creación dun pensamento crítico sexa unha realidade na Galiza. Que cada unha de nós poida dar a coñecer o que lle interesa, reapropriándose da tecnoloxía para a edición creativa e a difusión da nosa obra audiovisual.
Gzvideos é un proxecto independente no político e no económico, auto-xerido e sen carácter comercial, que utiliza e vindica o galego como língua propria en calquera das súas normativas.
Gzvideos comprométese na difusión de conteúdos baixo licenzas libres, así como na promoción do software libre para produción e edición do audiovisual.
Gzvideos constitúe un espazo de encontro para a creación audiovisual que parte dos movimentos sociais galegos, un campo onde conflúen o video-activismo e o debate xerados a partir da crítica á realidade galega.
Gzvideos, como plataforma creativa, ten tamén como metas o desenvolvimento e difusión da ficción, non ficción, documentarios, clips e, de modo xeral, priorizando conteúdos producidos e centrados na Galiza.
Nós podemos e queremos realizar videos. Moitas xa o vimos facendo, de feito, mais a nosa opinión non é nin a única posíbel nin a mellor das posíbeis, só unha, polo que procuramos criar un espazo colaborativo que busca a túa implicación. Podes enviar os teus proprios videos ou ben materiais audiovisuais que creas que concordan cos criterios que acabamos de expor.
Apaga a TV, prende a túa mente!
http://gzvideos.info/
Se tes algunha dúbida contacta con nós no enderezo info@gzvideos.info
