palestra/debate sobre licenzas libres no CSAtreu, venres 20 nov, ás 20:30

licenzas libres e copyleft
licenzas libres e copyleft

Xa sabes todo o que deberías saber sobre:
cultura libre? dereitos de autor/a? propiedade intelectual? a lei? o
código penal? as licenzas libres? gpl? creative commons? creacións
dixital? ata onde poder chegar a SGAE legalmente?? que cultura libre hai
á nosa disposición? como protexer unha obra empregando licenzas libres?
como gañar cartos coa cultura libre??

Se fas algún traballo creativo, se tes un local onde pos música, se fas
música e queres distribuíla, se tes algún tipo de dúbida nese senso,
esta é a oportunidade de resolvelas,
vamos a por todas!!!
a cultura libre é o camiño!
non faltes o venres 20 de novembro ás 20:30 no centro Social Atreu

Temos dous poñentes de luxo, dous especialistas que cubriran todo o
campo teórico desde as licenzas ao código penal, da propiedade
intelectual ao copyleft, dos dereitos ao software libre, das gpl as
creative commons, todo, todo e todo

Roberto Brenlla e Luis Rodriguez no Centro Social Atreu.

Cultura libre: porque a cultura deféndese compartíndoa.