Agregador de novas

Manif contra a reforma laboral em Vigo (17-06-10)

Gzvideos - Lun, 06/21/2010 - 23:08


[Visita o post para ver o video]

Unhas 12.000 persoas participaron esta tarde nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza en resposta a aprobación dunha reforma laboral que suporá o recorte de dereitos máis importante dos últimos trinta anos. O texto aprobado polo goberno español, que atende ás demandas históricas da patronal de facilitar e abaratar o despedimento, deixa nunha total indefensión á clase traballadora, polo que dende a CIG se fixo un chamamento á dar unha resposta contundente na rúa que paralice este ataque, pero tamén para demandar que se adopten políticas para combater de xeito eficaz a crise dende un punto de vista favorábel á maioría social.Mais info no web da CIG.

Concentraçom e manif em apoio a Palestina logo do massacre à frota da liberdade (Vigo, 1/06/10)

Gzvideos - Mér, 06/02/2010 - 17:49


[Visita o post para ver o video]

Dous centos de manifestantes concentrarom-se diante do Marco em resposta ao assalto por parte do exército sionista da frota solidária que levava ajuda humanitária à faixa de Gaza. Após concentrarem-se diante do museu, a comitiva percorreu a rua do Príncipe até a Porta do Sol coreando as palavras de orde “Palestina Vencerá” ou “o sionismo é o terrorismo” , entre outras. Os encarregados de tomar a palavra forom Omar, por parte da associaçom “Galiza por Palestina” e mais Alexandre Reutter, de “Judeus Antisionistas”, os quais denunciarom o apartheid ao que Israel somete ao povo palestiniano e exigirom medidas por parte dos governos estatais e autonómico, fundamentalmente a ruptura de relaçons comerciais e a impossiçom de sançons.

Manifestaçom histórica da CGTP em Lisboa contra as medidas anti-sociais do governo português

Gzvideos - Mér, 06/02/2010 - 16:25


[Visita o post para ver o video]

O 29 de maio, a CGTP-IN conseguía mobilizar 300.000 persoas nunha das máis grandes manifestacións en Portugal desde a queda do rexime fascista. Desta volta, na liña dos protestos que a central ven realizando nos últimos meses, a revindicación principal foi a retirada do P.E.C (Plano de estabilidade e crescimento) que quer aplicar o goberno de José Sócrates (PS). As medidas, calificadas por Carvalho da Silva, secretario xeral da CGTP, como “contrarias aos intereses dos traballadores”, transfiren os custes das crise ás clases populares e favorecen os intereses do grande capital. Mais info no web da FESGA.

“FLOSS art ?” – lecture @ Rurart (FR) – 27th May

goto10.org - Lun, 05/24/2010 - 22:56

What happens when you try to combine FLOSS and digital art ? What is the creative influence between art and free software ?
This lecture will be given by Thomas Vriet (in French) as an immersion to “FLOSS art” movement.

Venue: Rurart, cultural center nearby Poitiers (FR)
Date: Thursday 27th May – 18h
More infos: click here

Que se passe-t-il lorsque l’art numérique et les Logiciels Libres et Open Source (FLOSS) se rencontrent ? Quelle est l’influence créative entre l’art et le logiciel libre ?
Cette conférence par Thomas Vriet (en français) est proposée comme une introduction au courant du “FLOSS art”.

Lieu : Rurart, centre culturel à Rouillé près de Poitiers (FR)
Date : jeudi 27 mai – 18h.
Plus d’infos : cliquez ici

Categorías: Texto

Manif de Queremos Galego no 17 de maio

Gzvideos - Mar, 05/18/2010 - 16:13


[Visita o post para ver o video]

Achegamos o vídeo realizado pola plataforma en defensa da língua “Queremos Galego” sobre a multitudinária manifestaçom que tivo lugar em Compostela no 17 de maio, provavelmente umha das maiores na história do nosso país.

Roteiro na Defensa do Pico Vello (As Pontes)

Gzvideos - Ven, 05/14/2010 - 17:41


[Visita o post para ver o video]

O obxectivo era dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello Andalucita S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume. Mais info.

Concentración en Cangas contra a represión en Celtaprix

Gzvideos - Ven, 05/14/2010 - 15:58


[Visita o post para ver o video]

O 13 de maio tiña lugar diante do Concello de Cangas unha concentración en resposta á represión sindical na empresa concesionaria do parque de bombeiros do Morrazo , “Celtaprix”, que sanciona de forma reiterada a delegados da CIG desde o 2009. A mobilización tiña como obxectivo conseguir que o presidente do Consorcio Comarcal do que depende o parque, José Enrique Sotelo (PP) poña fin a esta situación. Para Suso García, secretario da Unión Comarcal da CIG no Morrazo, “a empresa pretende librarse dos traballadores mais reivindicativos de cara a xestionar o futuro Consorcio Provincial”. Celta Prix xestiona todos os parques comarcais que existen na provincia pontevedresa agás o de Silleda, que é totalmente público.

Manifestación do 1º de maio de 2010

Gzvideos - Mar, 05/04/2010 - 23:51



[Visita o post para ver o video]

Miles de persoas saíron á rúa neste Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo  Proletario, para manifestarse coa CIG en demanda de emprego e salarios dignos e para reclamar unha reforma do sistema fiscal para que se garanta a súa progresividade para que a crise non a pague a clase traballadora, senón aqueles que a provocaron. A manifestación central, e a máis numerosa, foi a convocada en Vigo, onde participaron 8.000 de persoas.  Mais info no web da CIG.

1º de maio: Emprego e salarios dignos

Gzvideos - Mar, 04/27/2010 - 23:43


[Visita o post para ver o video]

Video confeccionado para este 1º de maio onde economistas e membros da CIG analizan as causas, repercusións e posíbeis solucións á crise económica actual. Conta coas intervencións de Xabier Vence , María do Carmo García Negro, Xesús Seixo e Antolín Alcántara, entre outros. Este material foi proxectado nas asembleas previas ao 1º de maio que a CIG realizou por todo o país.

Miles de persoas maniféstanse en Compostela contra a privatización dos servizos públicos

Gzvideos - Lun, 04/26/2010 - 23:37


[Visita o post para ver o video]

Baixo o lema “En defensa dos servizos públicos”, miles de persoas percorreron o domingo 25 de abril as rúas de Compostela en contra das políticas de “privatización e mercantilización de todo o que é público”. Convocada por CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saíu da alameda arredor das doce e media e rematou na Praza da Quintana, onde a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto conxunto no que denunciou a diminución da calidade das prestacións públicas, a precarización e o recorte do emprego implícitos a toda privatización.  Mais info. no web da CIG.

Causa Galiza homenageia aos “Mártires de Carral” (24-04-2010)

Gzvideos - Dom, 04/25/2010 - 23:22


[Visita o post para ver o video]

O levantamento popular de 1846 marcou um ponto de inflexom na História Contemporánea da Galiza cujas consequências se extendem até o presente. Naqueles dias, nos que se escrevérom algumhas das mais fermosas páginas de heroísmo e combatividade do nosso País, pujo-se por vez primeira, de jeito organizado, a reivindicaçom nacional como eixo central do programa político. O movimento provincialista, rejeitando a ditadura e o centralismo, exigia algo tam singelo como o direito d@s galeg@s a decidirem o seu próprio destino.Cento sesenta e quatro anos depois, de Causa Galiza recolhemos a semente daquela primavera ao afirmarmos que o exercício da autodeterminaçom é, para além dum inquestionável direito que nos é negado, a única garantia dum futuro digno para este País.

Manifestaçom em apoio à revoluçom cubana em Compostela [18-04-10]

Gzvideos - Ven, 04/23/2010 - 21:05


[Visita o post para ver o video]

O passado domingo 18 de abril tinha lugar em Compostela umha manifestaçom de apoio à revoluçom cubana, em resposta à ofensiva mediática que está a ter lugar nas últimas semanas desde o falecimento do preso Orlando Zapata. A marcha foi organizada pola associaçom de amizade galego-cubana Francisco Vilhamil.

Centos de persoas maniféstanse polas rúas de Vigo contra o peche do Hospital da Cruz Vermella

Gzvideos - Mér, 04/21/2010 - 23:31


[Visita o post para ver o video]

O mércores 21 de abril ás oito da tarde saía a manifestación contra o peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo. Durante a manifestación, o nutrido grupo de manifestantes esixiron a continuidade do hospital e denunciaron a actuación dos responsábeis da ONG e ás ameazas e coaccións ás que teñen sometido a traballadores/as e aos/ás doentes e ás súas familias.  Mais info no web da CIG.

GOTO10 @LIWOLI10

goto10.org - Sáb, 04/10/2010 - 10:28

Our friends from Servus.at are doing another wonderful Liwoli festival based in Linz (AT).

LiWoLi is an open lab focusing on Free /Open Source Software (FLOSS), Open Hardware and open contents in digital art and culture. This event will offer workshops, lectures, presentations and performances. For anyone interested in these subjects, participation in the entire program is free.

vacca (GOTO10) will be performing .extremsimulator -0.2 && .extremsimulant performance

Date: 04-17
Time: 21:00 – 21:30
Location: Roterkrebs
Speakers: Jan-Kees van Kampen

livecoding performance (20-25 minutes), no sampling, generative music, oscillators, filters, feedback, noise

Categorías: Texto

Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de “non á privatización” e na defensa da sanidade pública

Gzvideos - Ven, 03/26/2010 - 23:37


[Visita o post para ver o video]

Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centroda cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontadeprivatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta deGaliza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso deVigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas econvocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública estamobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzassindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumouapoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país:Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas quetamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega. Mais info. no web da CIG.

Especial parados do naval: Reportagem + crónica da jornada solidária

Gzvideos - Xov, 03/25/2010 - 15:18

 A continuar, apresentamos dous materiais relacionados com o campamento de parados do naval em Vigo. Desde aquí, a nossa solidariedade e apoio a esta luita.



[Visita o post para ver o video]

A asemblea de parados do naval comezou o pasado 1 de marzo unha acampada que, con carácter indefinido, se situou fronte ao edificio da Xunta en Vigo, nos xardíns de Montero Ríos. Desde alí, continúan as súas protestas, na defensa do emprego e pola regulación da contratación no sector naval, recollendo sinaturas en apoio desta loita e visibilizando o drama invisíbel de milleiros de traballadores e traballadoras galegas que ficaron no desemprego e afastados do mercado laboral. Mais info no web da CIG. 



[Visita o post para ver o video]

A jornada solidária com os desempregados do sector naval de Vigo que permanecem acampados diante do edificio da Xunta foi organizada polos centros sociais A Revolta, Faísca e O Guindastre no 20 de março. Mais info em Galiza Contrainfo.

V aniversário do C.S Aguilhoar (A Límia)

Gzvideos - Xov, 03/25/2010 - 15:06


[Visita o post para ver o video]



[Visita o post para ver o video]

No passado sábado 20 de Março de 2010 celebrou-se o 5º aniversário do nascimento da associaçom Aguilhoar lá na primavera de 2005, e desde entom foi pouco a pouco medrando, transformando-se e assentando-se na comarca. Mais info no blogue de Aguilhoar

Manifestaçom de Galiza Non se Vende do 21-m [actualizado]

Gzvideos - Lun, 03/22/2010 - 11:07


[Visita o post para ver o video]

Video-crónica da manifestaçom que a rede de colectivos na defesa do território “Galiza Non se Vende” realizou o passado domingo 21 de março em Compostela. Mais info no web de GNSV

[25/03/10] Actualizado com um novo vídeo de GzContrainfo



[Visita o post para ver o video]

Skarnio deixará de dar concertos

Gzvideos - Lun, 03/22/2010 - 11:01


[Visita o post para ver o video]

O grupo galego decombat-ska Skárnio informa de que “reunido em assembleia, decidiu a cessaçom da actividade pública por tempo indefinido”.

Gran Purismo contesta a Rosa Díez cun rap

Gzvideos - Lun, 03/22/2010 - 10:55


[Visita o post para ver o video]

“Hola rosiña, que tal, son eu o Gran Purista de Suiza. Mira, unha cousa que che quería comentar. O outro día vinche na televisión e dixeches algo que non me fixo moita gracia, nin a min, nin a moita xente. Polo cal, se ti podes expresarte libremente pola televisión, eu o farei polo youtube. Así que por cortesía de Play Pictures vouche contar unha cousa que di así”… Así presenta Gran Purismo o seu rap no que critica duramente a Rosa Díez por denigrar aos galegos.

Distribuir contido