[OVNI ARCHIVES] ovni 2011 chamada á participación
Apreciados amig@s,
Enviámosvos a convocatoria de traballos para o próximo OVNI 2011, que terá lugar do 22 ao 27 de Febreiro de 2011 no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.
Os Arquivos do Observatorio teñen un carácter intencional e temático: facilitar unha Crítica da Cultura Contemporánea, utilizando diversas estratexias: vídeo arte, documental independente, arqueoloxía dos mass media...
A convocatoria é temáticamente aberta dentro dos mencionados campos...incluíndose tamén a recepción de material sen editar, fondos de arquivo e materiais atopados ou recuperados.
OVNI 2011 : http://desorg.org
Data límite: 15 de Setembro de 2010.
Por favor pasar a información a quen creades que lle poida interesar.
Grazas pola vosa colaboración.
Saúde!
::Reflexons em código aberto:: JORNADAS informaçom e redes 2.0
::Reflexons em código aberto::
JORNADAS informaçom e redes 2.0

JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0
Partamos desde umha realidade hoje em dia tam quotidiana como incontrolável. A poliferaçom de datos na infoesfera (portais contrainformativos, Redes Sociais,...) é hoje um tsunami que está a atravesar a internet, a rede e polo tanto as formas comunicativas de grande parte das sociedades globais. Recapitulemos entom; o nascemento da web activa, do formato web 2.0 abriu umha fenda profunda, umha linha de fuga proposta e feita praxe desde longe do poder, que ajudou ao empoderamento de subjetividades críticas que incidiam num uso cooperativo e livre das tecnologías da comunicaçom e da Rede de redes.
Porem, um inicial uso multitudinario e incontrolável da web 2.0 deu paso também a espaços de captura inicialmente capilar, actualmente masiva, nos que os sistemas hegemónicos (governos, redes mercantis,...) empregarom e empregam a cooperaçom do colectivo como ferramenta para o control e para a geraçom de recursos em chave de privada plusvalía. Ainda assim, o caracter do web 2.0 segue a ponher em crise o governo hegemónico da rede.
Voltando a realidade actual, entendemos que a maré de blogues, portais e espaços contrainformativos e comunicativos conscientes em Redes Socias som , e fundamentalmente, vam ser o elemento central na estrategia comunicativa dum futuro cada vez máis presente. A nossa intuiçom é ja elemento da vida comúm: milhons de individuos empregam quotidianamente os multiplos portais de autopublicaçom e Redes Sociais existentes e muitxs de estes usuarixs, entregam-se a construçom colectiva de novas Redes máis autonomas, rebeldes e tecnológicamente emancipadas da hegemonía do software privativo.
No ámbito concreto das redes sociais Facebook, Twenti, Twitter começam a ter enfronte propostas que desde a sociedade crítica, desde os movimentos sociais, ponhem em marcha diversas experiencias de rede social máis úteis, colectivas, tecnológicamente sostíveis e alternativas (N-1, Crabgrass, ou no caso galego, exemplos como Cabozo, Chuza, Sementeira,..).
Queremos debater entom sobre este fenómeno comunicativo (e polo tanto, político, relacional, afectivo, emotivo), ponher em claro propostas e apostas, lançar preguntas e transitar possiveis soluçons ante a MetaRede que, entre cada um dos nossos terminais, esta-se a componher e recomponher.
Jornada contrainformativa
Venres 5 - 20'30
Ouviremos e analisaremos em comúm o estado actual da contrainfomaçom na infosfera do pais posibilidades e futuro dos espaços telemáticos em chave social. (Vieiros, Galiza livre, Altermundo, Indymedia, Olholivre,...)
Sábado 6 - 18'00
Jornada Redes Sociais, web 2.0
Analisaremos colectivamente o uso das ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas na infosfera crítica galega (Blogaliza, Altermundo, Ergosfera, Universidade Invisíbel, Sementeira, Indymedia, Saramaganta, CCSS, Trebelab, Hacktreu, Causaencantada,...)
* O sábado na manha assembleia aberta Indymedia Galiza (12'00)
* O sábado a noite haverá cea/fim de festa (vegana) 22'00
"O enxame, as regras mudarom"
Centro Social Atreu
T/ Sam José, 2 res-de-chao
A Corunha
olholivre no r10 do alg-alab

Aquí tendes o programa compreto do r10, evento organiçado polo colectivo alg-a, no que olholivre aportará o seu graninho o día 10. Obrigadas polo convite!
pROGRAMa.:
Día 10 de Xaneiro: a partires das 19.00h
Happening: Teddy (Fr) + Juan Pi (Gz)
Proxeccións: Félix P. Hita (Bcn) + Olholivre (Gz)
Performance: Paulina Funes (Arx)
Teatro-movemento: Man Hauser (Gz)
Concerto: Angel Faraldo (Es) + ZLB (Pt) + Timitiminono (Pt)
Día 16 de Xaneiro: a partires das 18.00h
Performance: Berio Molina (Gz)
Concerto: Nenoescuro (Gz)
Poesía: María Lado (Gz)
Concerto: Spectral Surgery (Lanzarote/Madrid/A Corunha)
Concerto: Guru Mamut (GZ)
Pagana Verbena: DJ Carina Posse (Alemanha) + VJ Mig (Gz)
dATOs.:
Data: 10 + 16 de Xaneiro 2010
Hora: a partires das 18.00
Entrada: De balde
Espazo : Alg-a Lab (Valadares-Vigo)
Cómo chegar: eiquí
Comida e bebida no Bar Situacionista “A Casa de Bruxa” (prezos populares)
+ info: http://www.alg-a.org
Campanha de desobediencia digital
Campaña de desobediencia dixital que busca bloquear a nova lei que se discutirá en consello de Ministros o día 30, aproveitando a confusión e "felicidade" do Nadal. A lei permitirá que unha comisión do Ministerio de Cultura (formada por "expertos") poida pechar calquera páxina web SEN orde xudicial, por suposto delito (ou incitación) contra a propiedade intelectual. http://lalistadesinde.net/
+ info em http://exgae.net ou http://www.alg-a.org
stream da palestra/debate de licenzas livres
pincha en : http://giss.tv:8001/csatreu.ogg
entre as 20:30 e as 23h do venres 20
se queres usar o vlc:
vlc abrir stream
vlc abrir stream 2
palestra/debate sobre licenzas libres no CSAtreu, venres 20 nov, ás 20:30

licenzas libres e copyleft
Xa sabes todo o que deberías saber sobre:
cultura libre? dereitos de autor/a? propiedade intelectual? a lei? o
código penal? as licenzas libres? gpl? creative commons? creacións
dixital? ata onde poder chegar a SGAE legalmente?? que cultura libre hai
á nosa disposición? como protexer unha obra empregando licenzas libres?
como gañar cartos coa cultura libre??
Se fas algún traballo creativo, se tes un local onde pos música, se fas
música e queres distribuíla, se tes algún tipo de dúbida nese senso,
esta é a oportunidade de resolvelas,
vamos a por todas!!!
a cultura libre é o camiño!
non faltes o venres 20 de novembro ás 20:30 no centro Social Atreu
Temos dous poñentes de luxo, dous especialistas que cubriran todo o
campo teórico desde as licenzas ao código penal, da propiedade
intelectual ao copyleft, dos dereitos ao software libre, das gpl as
creative commons, todo, todo e todo
Roberto Brenlla e Luis Rodriguez no Centro Social Atreu.
Cultura libre: porque a cultura deféndese compartíndoa.
AUDIOLIVRE

Audiolivre nace como un proxecto para aproveitar o material sonoro que se produce arredor dos movementos sociais e as iniciativas culturais ao marxe do sistema. A súa vocación é ser unha ferramenta colaborativa útil e sinxela onde se poidan atopar toda clase de arquivos sonoros. Convidamos a todas as persoas ou colectivos a contribuir cos materiais sonoros que produzan.
En Audiolivre teñen cabida as "clásicas" charlas e entrevistas, pero tamén lecturas poéticas, gravacións de manis, experimentos sonoros e toda clase de material.
Audiolivre pretende ser un arquivo de audios con licencias libres. Os principios que rexirán a selección de contidos serán o anticapitalismo, o antiracismo, o antisexismo, o antimilitarismo, a defensa do medio, o idioma galego e o coñecemento libre.
Audiolivre preséntase en forma de podcast, no que se poden escoitar os audios na rede, ou baixalos cadaquén ao seu computador. A páxina permite facer búsquedas, ou escoller temas da nube de etiquetas. Os arquivos de audiolivre están aloxados no Internet Archive, un proxecto sen ánimo de lucro destinado entre outras cousas á preservación de recursos multimedia.
Calquera persoa pode rexistrase e subir audios (estos súbense ao Internet Archive, e despois referéncianse dende unha entrada de Audiolivre ) que considere interesantes sempre que respecten os principios enumerados anteriormente. Se queres colaborar no proxecto, facer algún comentario ou suxerencia, ou simplemente tes un audio e non queres pasar o chollo de subilo podes contactar con nós a través do correo electrónico: audiolivre(at)arkipelagos(pt)net
Comeza Generatech 2009 - nodo Corunha no CS Atreu!
generetech 01
Acendemos motores, chegan as tekkiequeers de gENERAtECH a experimentar coas tecnoloxias libres en corpos liberados, coas políticas desxeneradas, a vivir mil e un stream de conexiones feministas. Se queres participar achegate ao Centro Social Atreu coa tua máquina, imos facer exorcismo, instalaremos gnu-Linux e nos preparaemos para afundirnos nas redes.
Primeira semana:
Vernes 6 Nov.
19:30 Apresentación do proxecto. Análise das Plataformas audiovisuais.
20:30 Dinámica: grupos de discusión sobre deseño, propostas da
plataforma e eventos formativos generaTech.
Sábado 7 Nov.
16:00 stream conectado co encontro de meios libres cataláns e conexión
para apresentar brevemente o proxecto desde Galiza.
16:30 Intro Linux e Install party.
21:00 Magosto para todxs!!
Centro Social Atreu
t/San Xosé, 2-bx, Monte Alto
A Corunha
:: HackMeeting 2009 :: + MAD HACK :: Patio Maravillas :: Madrid



O hackmeeting é un encontro libre e autoxestionado que vira ao redor das novas tecnoloxías, as súas implicacións sociais, a libre circulación de saberes e técnicas, a privacidade, a creación colectiva, o conflito telemático... Está destinado a todo tipo de persoas que teñan unha mente aberta e curiosa con ganas de compartir as súas experiencias e vivilo participando na coordinación como unha máis. Algunhas charlas e talleres esixen coñecementos informáticos avanzados, outros non; e outros nin informáticos.
O HM2009 esta en fase de coordinación. Este ano vaise realizar en Madrid, do 9 ao 12 de Outubro no CSOA Patio Maravillas, C/Acuerdo 8. Participa e axuda a organizar o encontro.
Laboratório de Criação Digital - Reabertura

O Laboratório de Criação Digital reabre no dia 06 de Outubro com uma
sessão de apresentação marcada para as 22h00, nas novas instalações da
Audiência Zero, em S. Mamede de Infesta (Matosinhos). O LCD tem como
objectivo o estabelecimento de uma comunidade de criadores em arte
digital através da realização de projectos colaborativos,
multidisciplinares e interactivos com recurso a ferramentas tecnológicas.
A sessão de apresentação servirá para dar a conhecer a todos os
interessados o funcionamento do LCD e as novas valências em preparação
para o espaço AZ . O laboratório funcionará às terças e quintas das
20h00 às 24h00. Mais informações encontram-se disponíveis no blog
http://www.labcd.org.
Comentarios recentes
hace 1 ano 19 semanas
hace 1 ano 19 semanas
hace 1 ano 20 semanas
hace 1 ano 20 semanas
hace 1 ano 20 semanas